martes, 21 de diciembre de 2010

Hola de novo a todas e todos! Sei que levamos tempo sen escribir nada pero o certo é que os exames como a todo o alumnado nos tiña ocupados!
Hoxe vámosvos deixar aquí resumidos brevemente, os últimos acontecementos dos noso instituto :)

20 de Novembro-Día dos Dereitos dos Nenos
As rapazas do ciclo de infantil tíñannos preparada un agradable agasallo: representacións curtas de cada un dos Dereitos por cada clase!
O certo é que pasamos media mañá con elas e pasámolo de maravilla e as actuacións unha maravilla!
Deixámosvos aquí unhas fotiños para que as disfrutedes!






25 de Novembro-Dia contra a violencia de género
As rapazas e rapaces do grupo de teatro deleitáronnos cunha pequena representación duns aproximados 3 minutos na que dábanlle tarxeta vermella o maltratador. Repetiron a actuación durante todo o recreo para toda a xente e incluso foron fotografiados polo periódico!





Campaña de Recollida de Xoguetes!
As nenas dos Ciclos de Infantil andiveron polo centro facendo unha estupenda campaña de recollida de xoguetes para levar a Cáritas. Se queredes máis información visitade o seu blog. Aquí deixámosvos unha fotiño do momento!
















Isto é todo por agora, pero andade atentos, porque en breves colgaremos as últimas noticias sobre o concerto da Orquesta do insituto.
Bo Nadal, felices festas e Prospero Aninovo!
Volvede con forzas!


Un saúdo do equipo de redacción!

No hay comentarios:

Publicar un comentario