martes, 21 de diciembre de 2010

Hola de novo a todas e todos! Sei que levamos tempo sen escribir nada pero o certo é que os exames como a todo o alumnado nos tiña ocupados!
Hoxe vámosvos deixar aquí resumidos brevemente, os últimos acontecementos dos noso instituto :)

20 de Novembro-Día dos Dereitos dos Nenos
As rapazas do ciclo de infantil tíñannos preparada un agradable agasallo: representacións curtas de cada un dos Dereitos por cada clase!
O certo é que pasamos media mañá con elas e pasámolo de maravilla e as actuacións unha maravilla!
Deixámosvos aquí unhas fotiños para que as disfrutedes!






25 de Novembro-Dia contra a violencia de género
As rapazas e rapaces do grupo de teatro deleitáronnos cunha pequena representación duns aproximados 3 minutos na que dábanlle tarxeta vermella o maltratador. Repetiron a actuación durante todo o recreo para toda a xente e incluso foron fotografiados polo periódico!





Campaña de Recollida de Xoguetes!
As nenas dos Ciclos de Infantil andiveron polo centro facendo unha estupenda campaña de recollida de xoguetes para levar a Cáritas. Se queredes máis información visitade o seu blog. Aquí deixámosvos unha fotiño do momento!
















Isto é todo por agora, pero andade atentos, porque en breves colgaremos as últimas noticias sobre o concerto da Orquesta do insituto.
Bo Nadal, felices festas e Prospero Aninovo!
Volvede con forzas!


Un saúdo do equipo de redacción!

jueves, 18 de noviembre de 2010

NOTICIAS BREVES!

CONSELLO ESCOLAR
Como todas e todos sabedes, estanse a celebrar as elecións ao Consello Escolar. Poderedes presentar a vosa candidatura na secretaría do Instituto e tamén a poden presentar os vosos pais e nais.
A votación será o vindeiro día 25 de Novembro. Esperamos a vosa participación e xa vos informaremos sobre os resultados acadados.

CHARLAS TIC
Durante as próximas semanas informarémosvos dunhas charlas informativas que terán lugar no Instituto nos cursos da ESO e de Bacharelato sobre a Plataforma TIC do instituto.
Adiantámosvos que as chicas e chicos da ESO participarán nestas charlas durante as súas horas de titoría.

GRUPO DE TEATRO "Ailaleria"
O prazo para a participación no grupo de teatro segue aberto. Os ensaios son tódolos martes e xoves na hora do recreo na sala de usos múltiples. Esperámosvos!
P.D. Proximamente, as fotos dos primeiros ensaios

DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
O próximo sábado 20 terá lugar o día polos Dereitos da Infancia. Como cadra que nós non estamos no instituto, as alumnas do ciclo superior de Educación Infantil farán o venres 19 unha actividade sorpresa para os cursos da ESO. Mantendrémosvos informados!

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O vindeiro día 25 é o día contra a Violencia de Xénero. Non sabemos aínda se haberá actividades. Só vos adiantamos que parece que o grupo de teatro anda preparando algo...
E, que serán uns carteis que aparecen polos corredores do instituto???

martes, 16 de noviembre de 2010

ENTREVISTA A ALEX, "O CAFETAS"

Ás 11.30 da mañá e despois de dúas horas e media de clase baixamos como tolos cara á cafetaría, onde nos esperan os dous camareiros para atender os nosos pequenos vicios de media mañá, cun sorriso e bo humor. Supoñemos que todas e todos (sobre algunha que outra rapaza) tedes curiosidade por saber un pouco máis sobre ese raparigo que, con aros nas orellas e camisetas máis que orixinais e extravagantes, atende os nosos pedidos cun comentario enxeñoso e moita eficacia, así que o noso equipo de redactoras e redactores fixo un pequeniño traballo de investigación, do que sacaron estas primeiras conclusións.

Nome: Alex
Alias: “El Cafetas”
Fecha de nacimiento: 16/06/1986

Que opinas sobre a ensinanza no noso país? “Creo que es una enseñanza en la que te dicen lo que tienes que hacer. Que te controla y no aprendes.”


E sobre a situación académica española? “Es una educación en la que no aprendes demasiado, mucho contenido pero con pocas cosas que te vayan a servir realmente para vivir y... yo que sé. Nos enseñan los valores que el Estado cree que son los mejores o los que pudieran serlo... ¡Claro hombre! Si aquí hay una democracia nunca vamos a estudiar de una forma comunista, siempre te van a decir que eso es malo. Como a los niños pequeños << Eso es malo, caca, caca... >> Sigue existiendo mucha ingnorancia por mucho que sepamos leer y escribir. Te enseñan lo que realmente... no te enseñan ni valores, ni nada. Solo números, letras y después sácate las castañas del fuego como puedas. Te dan estudios que no sirven para trabajar en demasiadas cosas. Porque todas las carreras de letras, o te metes a profesor, o no tienes salida y después las matemáticas... nada, trabajar en fábricas. Que total, vas a estar trabajando cobrando 2.000 euros menos de lo que deberías cobrar, porque aquí da igual que tengas titulación o no, porque te ponen a currar de lo que quieran... los contratos los hacen los patrones. ¡Hombre! Se van para Portugal, para Inglaterra o Alemania... hombre, por lo menos en Alemania saben llevarlo bien... España está centrando en una economía de turismo y eso no puede ser. No podemos vivir de la gente que viene de vacaciones...”


Debuxos animados: “Yo odiaba Marco... ¿Quién se puede creer que un niño de 8 años va a ir a buscar a su madre al otro lado del mundo y que siempre que llega la madre se acaba de marchar? Heidi por lo menos era más normal... estaba en el campo y con la niña paralítica... yo a Marco no me lo creo. A mi Marco no me gustaba nada, nada...”


Que opinas sobre a nova lei da restrición dos alimentos (bollería, etc.)? “Por mi perfecto, eso es comida basura... la verdad, lo único que me iba a dar es un poco más de chollo... pero por el resto... porque tengo que hacer más bocadillos. Pero la gente si no lo compra lo traerá de casa. Por ejemplo: aunque no dejen fumar en el instituto no quita que los alumnos dejen de fumar. Yo prefiero el bocata... pero la gente viene para aquí y tiene los supermercados abiertos y sino lo compran el día anterior que esto aguanta varios días... por mi, que quiten todo esto. Pero para respuesta buena: deberías dar una educación alimentaria y no prohibiciones, que es lo que hacen siempre, a base de prohibir y así no funciona... porque si a un niño le prohibes ir al armario, lo primero que hará en cuanto no le veas, es ir al armario.”
       
Algo que facer antes de morir? “Eliminar a cualquier persona que gobierne, ya sea de un pueblo, una ciudad o un país.”


Algo sobre o teu traballo na cafetería do instituto: “¿Mi trabajo? No tengo más problemas, estoy ahí... y nada, nada, a mi... pues el trabajo no está mal. Solo tengo media hora de trabajo duro. No es un trabajo duro. El jefe es magnífico. Yo me he ido de un trabajo donde cobraba el doble que aquí, las jefas... y la política de empresa, no me gustaba y me vine para aquí. (Hablando sobre los turnos a la hora de atender ¡¡Atentos a su respuesta!!) Hoy privilegios también para eso. Los chavales maleducados van últimos, o por lo menos conmigo lo van. A mi, el que saca una monedita y está petando en la barra, ya va de último y no le atiendo. También hay alguno que entra y silba, y yo ahí me quedo en la cocina, hasta que no sepa decir hola o buenos días...”


A túa opinión sobre a educación dos nenos de hoxe: “La que tiene que educarlos es la sociedad. Tanto profesores, como padre, como la gente de la calle. La gente que deja paso, o los coches en un paso de cebra... Esa es la gente educada.”


O teu tempo libre: Mi tiempo libre lo ocupo en hacer nada. Trabajo todos los días y llego a casa y no hago nada.”


Aficións: “La música, la música me pierde. También hago deporte. Voy en bicicleta por el monte y juego al fútbol... también discutir con los colegas... debatir con los colegas me encanta...”



Algún que outro seguro que quedou con ganas de saber máis sobre este simpático camareiro da nosa cafetaría. Como o noso equipo puido comprobar, Alex, é un rapaz coas ideas ben claras e sen tapuxos de ningún tipo para contarnos a súas opinións máis sinceras do mundo que nos rodea, así que, se queredes saber máis, non vos perdades a segunda parte desta emocionante investigación entre os fogóns da cociña con música rock de fondo ;)   

Continuará...                              

martes, 2 de noviembre de 2010

Luces, cámara e acción!



Como cada curso comeza unha etapa no grupo de teatro Ailaleria. Este mércores é a primeira reunión da comitiva, que realizarase na sala de usos múltiples durante a hora do recreo. Todas e todos aqueles que queiran poderan apuntarse a participar nesta divertida actividade que terá lugar un ou dous recreos por semana.
A finalidade disto é representar as función correspondentes durante o curso 2010-2011 (xa sexan en Nadal ou fin de curso)
Todos aqueles que queiran apuntarse deberán vir maña a sala embaixo ao lado da cafetería. O primeiro día ou incluso o segundo pode ser de proba, así que animádevos!







Un saúdo das redactoras e redactores :)

viernes, 29 de octubre de 2010

Dia H: HALLOWEEN GALEGO!

        Por fin o sinalado día e tódolas rapazas e rapaces disfrázanse para pasalo ben cos seus compañeiros na clase. Como vos prometeramos vamos estamos colgando as fotos minuto a minuto segundo as vamos sacando. Aquí vos dexaimos unhas cantas das primeiras imaxes que nos deixaron compañeiras e compañeiros nas primeiras horas de clase!
Esperamos que nos enviedes as vosas fotos canto antes para poder colgalas!
Un saúdo das redactoras e redactores :)

jueves, 28 de octubre de 2010

Halloween en Galego!


                E chegou o sinalado día, 31 de outubro, e con el chegou a festividade de orixes celtas chamada Samhain, máis coñecida quizais polas persoas como Halloween.
                Supoño que dende que somos pequenos e pequenas contáronnos que o célebre Halloween vén en realidade dun antigo costume que ten as súas orixes no pobo celta, na que a palabra Samhain” quere dicir fin do verán. A lenda contaba que os campesiños poñían, durante toda noite do 31, cabazas polos camiños as súas casas para atraer os espíritos e guialos.
               Aínda que os redactores do blog, cremos que o que máis vos vai chamar a atención e o que máis vos gusta, é que durante este día, dende os pequerrechos de infantil ata os maiores máis festeiros, podédesvos disfrazar, ler contos de medo ou calquera actividade fóra do normal no horario escolar.
               Con esto, invitámosvos a que veñades disfrazados como queirades (sempre que sexa coa cara descuberta), soamente por facer as clases máis levadeiras, posto que seguiremos a traballar coma tódolos días!
Esperamos que volo pasedes ben neste día e que nos enviedes as vosas fotos para colgar á nosa dirección: osxuncos1@hotmail.com
Truco ou trato!! As redactoras e redactores :)

martes, 26 de octubre de 2010

Benvidos!

Boas a todas e a todos! Querémosvos presentar o novo blog "Os Xuncos", o voso blog da revista do instituto. 
Esta é unha proposta feita polo alumnado para facer a revista máis amena, divertida e, sobre todo, que sexa unha publicación diaria! Dende este blog podédevos enterar das noticias do centro, dos concursos, certames e demais actividades que realizaranse durante todo o curso! 
Agardamos ter moitos seguidores e seguidoras e, claro está, que nos presentedes vosas propostas, vosos textos e demais cousas que queredes que sexan publicadas! 
Agardámosvos!
Un saúdo das redactoras e redactores :)