jueves, 18 de noviembre de 2010

NOTICIAS BREVES!

CONSELLO ESCOLAR
Como todas e todos sabedes, estanse a celebrar as elecións ao Consello Escolar. Poderedes presentar a vosa candidatura na secretaría do Instituto e tamén a poden presentar os vosos pais e nais.
A votación será o vindeiro día 25 de Novembro. Esperamos a vosa participación e xa vos informaremos sobre os resultados acadados.

CHARLAS TIC
Durante as próximas semanas informarémosvos dunhas charlas informativas que terán lugar no Instituto nos cursos da ESO e de Bacharelato sobre a Plataforma TIC do instituto.
Adiantámosvos que as chicas e chicos da ESO participarán nestas charlas durante as súas horas de titoría.

GRUPO DE TEATRO "Ailaleria"
O prazo para a participación no grupo de teatro segue aberto. Os ensaios son tódolos martes e xoves na hora do recreo na sala de usos múltiples. Esperámosvos!
P.D. Proximamente, as fotos dos primeiros ensaios

DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
O próximo sábado 20 terá lugar o día polos Dereitos da Infancia. Como cadra que nós non estamos no instituto, as alumnas do ciclo superior de Educación Infantil farán o venres 19 unha actividade sorpresa para os cursos da ESO. Mantendrémosvos informados!

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O vindeiro día 25 é o día contra a Violencia de Xénero. Non sabemos aínda se haberá actividades. Só vos adiantamos que parece que o grupo de teatro anda preparando algo...
E, que serán uns carteis que aparecen polos corredores do instituto???

No hay comentarios:

Publicar un comentario