jueves, 26 de mayo de 2011

Despedida ó curso de 2º de Bacharelato

O salón de actos está a rebosar e as rapazas e rapaces parecen saídos de portadas de revistas de moda. A maior atención recae sobre elas, quenes máis xeitosas ou peculiares, van de alfombra vermella como ós Óscares. Respírase nerviosismo, ilusión e ledicia, porque debemos ter en conta, que aquí sepáranse os seus camiños deixando atrás dous anos de Bacharelato no que hai moitos recordos, experiencias e aventuras que deixarán atrás para dar comezo a unha nova etapa.
Abre esta fermosa celebración o coro, dirixido por Luisa Sánchez, que é o encargado de amenizar a velada. Acompañándoo o piano e a batería cantan cancións tan fermosas como "Can't help falling in love", "Ipharadisi", "Halleluia" e "I'll be there", as cales son cubertas de aplausos por todo o mundo. O final da despedida escoitamos valoracións moi positivas por parte do profesorado e comentarios tipo "Eu non os vira e tiña ganas, e a verdade é que quedei maravillado".
Logo deste grupo de artistas tocoulle o turno a nosa simpática directora Lola, a cal dedicou unhas palabras cheas de tenrura e apoio as rapazas e rapaces. Despois dela déronlle a quenda a Carmina, a profesora de lingua inglesa e tutora dun dos segundos. Co seu discurso fixo un repaso destes últimos anos poñendose na piel do seu alumnado e imaxinándose o que, anos atrás, tería gustado que lle dixesen na súa graduación. Así pois animounos a desperta-la súa ilusión polo coñecemento e a vibrar de emoción ante cousas diferentes. Terminou o mesmo cunhas liñas do famoso poema If de Rudyard Kipling:
"Si puedes hablar con multitudes y conservar tu virtud,
o alternar con reyes y no perder tus comunes rasgos;
Si nadie, ni enemigos, ni amantes amigos,
pueden causarte daño;
Si todos los hombres pueden contar contigo,
pero ninguno demasiado;
Si eres capaz de llenar el inexorable minuto,
con el valor de los sesenta segundos de la distancia final;

Tuya será la tierra y cuanto ella contenga
Y -lo que vale más- serás un hombre! hijo mío!
"

A estas fermosísimas palabras seguíronlles os alumnos Damián Portela e María del Mar Duarte dedicándolle  recordos, halagos e demáis os seus compañeiros e os seus profesores. Durante a súa intervención as risas estiveron acompañándoos en todo momento e fixéronnos pasar un rato do máis agradable.
Para rematar o turno das charlas falou o Inspector do noso instituto Jose María Alén. O seu discurso estivo cheo de valores e palabras que recordar para o futuro próximo que lles agarda.
O remate da quenda de palabras, tocoulle o turno as matrículas de honor. Recibirónnas 3 alumnas: Rebeca Piñeiro, Fátima Pérez e Paula García. Tamén houbo unha mención especial pola súa labor artística no instituto a Sheila Broullón.
Despois de todo isto fíxose entrega das Orlas e Diplomas onde alumnas e alumnos forón desfilando a recollelas da man dos súas titoras e titores, aínda que nos faltaron algúns como Lois Atanes. Durante a entrega os nervios afloraban nas rapazas, que ataviadas cos seus tacóns, subían e baixaban facendo números para non caer. Os rapaces tampouco se quedaban cortos engaiolados por algunha das rapazas e dos seus modelos (según poidemos escoitar durante o acto). En todo momento puidemos escoitar piropos dirixidos tanto a compañeiras e compañeiros como ó profesorado. En conclusión un acto moi emotivo, divertido e bonito.
O remate forón todos cear o Pazo da Cultura, onde hai diversas opinións ante a comida (dende que a tortilla estaba malísima ata que todo foi espectacular), e logo forón o Lego un local que alquilaron para facer a barra libre. A festa continuouse toda a noite e a primeira hora da mañá apareceron todos no instituto como é costume. Algúns marcharon durmir para rematar a festa e outros quedáronse a rematala na cafetería, onde o noso simpático camareiro reprochoulles o non habelo invitado.
Alex! Prometemosche que para o ano estás invitado!

Saúdiños!

Actuación do Coro dirixídos por Luísa Sánchez

O Salón de Actos a rebosar

Discurso de Carmina

Discurso dos alumnos Damián e María del Mar

Entrega das Matrículas de Honor

Entrega das Matrículas de Honor

Entrega das Matrículas de Honor

Mención Especial a Sheila Broullón pola súa labor artística

Entrega das Orlas e Diplomas

Entrega das Orlas e Diplomas

Entrega de Orlas e Diplomas

Simpáticas mostras de afecto por parte do profesorado

As rapazas de Bacharelato sempre guapísimas


O grupo de Artes e a súa orixinalidade


No hay comentarios:

Publicar un comentario