jueves, 26 de mayo de 2011

Despedida ó curso de 2º de Bacharelato

O salón de actos está a rebosar e as rapazas e rapaces parecen saídos de portadas de revistas de moda. A maior atención recae sobre elas, quenes máis xeitosas ou peculiares, van de alfombra vermella como ós Óscares. Respírase nerviosismo, ilusión e ledicia, porque debemos ter en conta, que aquí sepáranse os seus camiños deixando atrás dous anos de Bacharelato no que hai moitos recordos, experiencias e aventuras que deixarán atrás para dar comezo a unha nova etapa.
Abre esta fermosa celebración o coro, dirixido por Luisa Sánchez, que é o encargado de amenizar a velada. Acompañándoo o piano e a batería cantan cancións tan fermosas como "Can't help falling in love", "Ipharadisi", "Halleluia" e "I'll be there", as cales son cubertas de aplausos por todo o mundo. O final da despedida escoitamos valoracións moi positivas por parte do profesorado e comentarios tipo "Eu non os vira e tiña ganas, e a verdade é que quedei maravillado".
Logo deste grupo de artistas tocoulle o turno a nosa simpática directora Lola, a cal dedicou unhas palabras cheas de tenrura e apoio as rapazas e rapaces. Despois dela déronlle a quenda a Carmina, a profesora de lingua inglesa e tutora dun dos segundos. Co seu discurso fixo un repaso destes últimos anos poñendose na piel do seu alumnado e imaxinándose o que, anos atrás, tería gustado que lle dixesen na súa graduación. Así pois animounos a desperta-la súa ilusión polo coñecemento e a vibrar de emoción ante cousas diferentes. Terminou o mesmo cunhas liñas do famoso poema If de Rudyard Kipling:
"Si puedes hablar con multitudes y conservar tu virtud,
o alternar con reyes y no perder tus comunes rasgos;
Si nadie, ni enemigos, ni amantes amigos,
pueden causarte daño;
Si todos los hombres pueden contar contigo,
pero ninguno demasiado;
Si eres capaz de llenar el inexorable minuto,
con el valor de los sesenta segundos de la distancia final;

Tuya será la tierra y cuanto ella contenga
Y -lo que vale más- serás un hombre! hijo mío!
"

A estas fermosísimas palabras seguíronlles os alumnos Damián Portela e María del Mar Duarte dedicándolle  recordos, halagos e demáis os seus compañeiros e os seus profesores. Durante a súa intervención as risas estiveron acompañándoos en todo momento e fixéronnos pasar un rato do máis agradable.
Para rematar o turno das charlas falou o Inspector do noso instituto Jose María Alén. O seu discurso estivo cheo de valores e palabras que recordar para o futuro próximo que lles agarda.
O remate da quenda de palabras, tocoulle o turno as matrículas de honor. Recibirónnas 3 alumnas: Rebeca Piñeiro, Fátima Pérez e Paula García. Tamén houbo unha mención especial pola súa labor artística no instituto a Sheila Broullón.
Despois de todo isto fíxose entrega das Orlas e Diplomas onde alumnas e alumnos forón desfilando a recollelas da man dos súas titoras e titores, aínda que nos faltaron algúns como Lois Atanes. Durante a entrega os nervios afloraban nas rapazas, que ataviadas cos seus tacóns, subían e baixaban facendo números para non caer. Os rapaces tampouco se quedaban cortos engaiolados por algunha das rapazas e dos seus modelos (según poidemos escoitar durante o acto). En todo momento puidemos escoitar piropos dirixidos tanto a compañeiras e compañeiros como ó profesorado. En conclusión un acto moi emotivo, divertido e bonito.
O remate forón todos cear o Pazo da Cultura, onde hai diversas opinións ante a comida (dende que a tortilla estaba malísima ata que todo foi espectacular), e logo forón o Lego un local que alquilaron para facer a barra libre. A festa continuouse toda a noite e a primeira hora da mañá apareceron todos no instituto como é costume. Algúns marcharon durmir para rematar a festa e outros quedáronse a rematala na cafetería, onde o noso simpático camareiro reprochoulles o non habelo invitado.
Alex! Prometemosche que para o ano estás invitado!

Saúdiños!

Actuación do Coro dirixídos por Luísa Sánchez

O Salón de Actos a rebosar

Discurso de Carmina

Discurso dos alumnos Damián e María del Mar

Entrega das Matrículas de Honor

Entrega das Matrículas de Honor

Entrega das Matrículas de Honor

Mención Especial a Sheila Broullón pola súa labor artística

Entrega das Orlas e Diplomas

Entrega das Orlas e Diplomas

Entrega de Orlas e Diplomas

Simpáticas mostras de afecto por parte do profesorado

As rapazas de Bacharelato sempre guapísimas


O grupo de Artes e a súa orixinalidade


martes, 10 de mayo de 2011

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS 2011

Neste curso tivemos, coma tódolos anos, unha gran variedade de actividades, saídas culturais e excursións que desfrutamos xunto ó noso profesorado!
Aquí deixámosvos unha mostra dalgúns delas :)
Visita á exposición "O bosque" no mes de febreiro


Participación dun grupo de bacharelato no Parlamento Xove

Salón do Libro - Maquetas do noso alumnado de 1º Bach Arte


Participación na Olimpiada de Bioloxía

Observación Astronómica en Cotobade co alumnado de Física de 2º de Bacharelato
 
Roteiro do Salgueiral co alumnado de 1º ESO C
 
Charlas sobre Educación Vial
 
Premiadas e premiados na Maratón A Xunqueira

Esperamos que vos gustara e as desfrutarades!
Saúdos do equipo redactor!