lunes, 14 de febrero de 2011

8 de Marzo: Día da Muller Traballadora

O día da Muller Traballadora celébrase dende o ano 1908 cando, nunha gran fábrica textil, morreron nun incendio 129 mulleres, debido as pésimas condicións de traballo. Aínda que non hai datos exactos creese que foi o 8 de Marzo. Dende aquel acontecemento, estableceuse como símbolo a cor violeta, dado que as mulleres cosían texidos desa cor.
Para celebrar ese día, durante a semana do día 8 celebraranse varias actividades entres as que están os "obradoiros de correspondencia" de leva o profesor Manuel Rozados, ó que entrevistamos esta semana:

- Es un home que defende moitísimo todo o relacionado coa igualdade de xéneros, a que se debe?
  - Estou o cargo do grupo de Igualdade do centro, esa é un pouco a razón...
- En que consisten estes talleres de correspondencia do Día da Muller traballadora? A quenes se lles impartirán?
  - Os talleres consisten un pouco en ensinar os rapaces que non hai un rol xa imposto. Pasar o ferro non é unha tarefa só de mulleres e facer un buraco na perede de homes. Son só para 1º ESO.
- Que actividades se impartirán? Durante que xornadas?
  - As nenas ensinaráselles a arranxar un enchufe, furar unha parede, desatascar un sumidoiro e os rapaces a cambiar cueiros, dar biberóns, pasar o ferro... E impártense durante as horas de plástica (que a imparto eu), atención educativa ou titoría.
- Que se pretende transmitir con esta iniciativa?
  - Que nas tarefas domésticas debe primar o reparto de tarefas e non un rol concreto para homes e mulleres.
- No Bacharelato e cando comezamos a ter máis relacións afectivas, e podese ver incrementada esa desigualdade, porque non os obradoiros para Bacharelatos?
  - Sacarlle as horas a un curso de Bacharelato crearía rechazo (suponse que as necesitades máis) e perder horas en 1º da ESO non é tan importante. Se cadra eles poden cambiar se xa tiñan un rol establecido. Para min é máis importante.
- Se unha muller traballa e un home queda na casa e coida os fillos, que opinas?
  - Trátase de sacar a familia adiante e da igual quen traballe forá. No caso de que traballen os dous vese máis a igualdade porque hai colaboración entre ámbolos dous.
- Por último, algún consello para tódalas rapazas e rapaces que siguen o blog?
  - (Dicíndollo a toda a clase en alto) Así que cando busquedes moza ou mozo asegurádevos de que sepan facer de todo!!


O prazo de entrega queda aberto ata o día 28 de febreiro

Para máis información podedes entrar tamén na páxina web do Instituto, no apartado de Igualdade.


Saudiños :)


P.D. Nova actualización da entrada coas fotos que nos chegaron dos Obradoiros de Corresponsabilidade
Rapazas e rapaces arreglando un portalámpadas

Desatascando un sumidoiro

Aprendendo a dobrar a roupa

Cambiándolle os cueiros a un bebé

Aprendendo a pasar o ferro


No hay comentarios:

Publicar un comentario