jueves, 28 de octubre de 2010

Halloween en Galego!


                E chegou o sinalado día, 31 de outubro, e con el chegou a festividade de orixes celtas chamada Samhain, máis coñecida quizais polas persoas como Halloween.
                Supoño que dende que somos pequenos e pequenas contáronnos que o célebre Halloween vén en realidade dun antigo costume que ten as súas orixes no pobo celta, na que a palabra Samhain” quere dicir fin do verán. A lenda contaba que os campesiños poñían, durante toda noite do 31, cabazas polos camiños as súas casas para atraer os espíritos e guialos.
               Aínda que os redactores do blog, cremos que o que máis vos vai chamar a atención e o que máis vos gusta, é que durante este día, dende os pequerrechos de infantil ata os maiores máis festeiros, podédesvos disfrazar, ler contos de medo ou calquera actividade fóra do normal no horario escolar.
               Con esto, invitámosvos a que veñades disfrazados como queirades (sempre que sexa coa cara descuberta), soamente por facer as clases máis levadeiras, posto que seguiremos a traballar coma tódolos días!
Esperamos que volo pasedes ben neste día e que nos enviedes as vosas fotos para colgar á nosa dirección: osxuncos1@hotmail.com
Truco ou trato!! As redactoras e redactores :)

3 comentarios: