miércoles, 23 de noviembre de 2011

Violencia de Xénero, un problema de tod@s

A violencia de xénero é noticia a diario e a súa presenza convertéuse nun feito xa cotián nas nosas vidas.
A violencia contra a muller está a orde do día e é a violencia contra os homes a que é menos frecuente aínda que tamén ocurre, así que non debemos confiar e xuzgar ó outro bando.
Tamén hai violencia doméstica contra nenos e nenas e, cada unha delas, non sempre trae consigo un maltrato físico senón tamén,  un maltrato psicolóxico con insultos, dexacións, humillacións e a posesion e o control da persoa.
Hai tamén a chamada violencia sexual na que se obriga a outra persoa a facer algo non desexado...
Hai moitos tipos de violencia e debemos ponerlles fin a todos.
XUNTOS PODEMOS ACABAR CON ELA!
POR UN MUNDO SEN VIOLENCIA DE XÉNERO!




La violencia de género es noticia diariamente y su presencia se ha convertido en un hecho ya habitual, y eso, no debería ser así.
La volencia contra la mujer está a la orden del día y es la violencia contra el hombre la que es menos habitual aunque también ocurre, así que no debemos confiarnos y juzgar a un solo bando.
También hay violencia doméstica contra niños y niñas y, cada una de ellas, no implica siempre un maltrato físico, sino también, el desgaste psicológico mediante insultos, dejaciones, humillaciones y la posesión y el control de la persona.
Hay también violencia sexual en la que se obliga a la otra persona a hacer algo no deseado...
Hay muchos tipos de violencia y debemos ponerles fin a todos.
JUNTOS PODEMOS ACABAR CON ELLA!
POR UN MUNDO SIN VIOLENCIA DE GÉNERO!


Violence against women and against men we see it in the news daily and its presence has become something common for us and it mustn't be this way. 
Violence against women is an everyday ocurrence and violence against men semms to be un common but it isn't true, so we mustn't trust and judge each other.
Also there is domestic violence against children. It doesn't necessarily mean physical abuse but also psychological abuse which includes calling names and possessiveness and control.
Moreover there is sexual abuse where one person obligates another to do something that they don't want to do.
There are too many kinds of violence and we must put a stop to them...
WE ALL CAN FINISH WITH IT!
LET'S CREATE A WORLD WITHOUT GENDER VIOLENCE!

La violence conjugale est un fait courant et sa presence est devenue quelque chose d'habituel et ça ne devrait pas être comme ça.
La violence contre les femmes est á l'ordre du jour et c'est la violence contre les hommes qui est la plus inhabituelle bien que ça arrive, en consequence nous ne devons pas nous fier et juger dans un sens unique.
Aussi il y a de la violence domestique contre les enfants. Chacune d'entre elles n'implique pas toujours una maltraitance physique sinon aussi une maltraitance psychologique au travers d'insultes, d'humillations et de la possession et du contrôle.
Il y a aussi de la violence sexuelle oú on oblige l'autre á faire quelque chose qu'il ne désire pas...
Il y a beaucoup de sortes de violences et on doit y mettre fin.
ENSEMBLE NOUS POUVONS EN FINIR!
POUR UN MONDE SANS VIOLENCE!


Zoila Iglesias Villarino 2º Bach D

martes, 18 de octubre de 2011

O derradeiro curso?

Unha vez máis benvidas e benvidos o blog do instituto. Seino, seino... pero mellor tarde que nunca. Imaxínome que moita xente estará desexando saber o por qué desta demora da primeria publicación de este novo curso... pero hoxe apetéceme ser mala e vouvos facer agardar un anaquiño máis!
Comeza un ano cheo de "boas" novidades para todos (aínda non sabemos se este será o derradeiro curso que pasaremos aquí por iso da gran final do mundo no 2012), pero se todo segue como ata agora entón o ano comeza con boísimas novidades. Primeirisimo de todo damos a benvida a nova vicedirectora e encargada da supervisión do blog, a profesora de Lingua Castelá e teatro, Belén Herrero, que amenizará esta nova etapa con moi agradables sorpresas e actividades. Desexámoslle todo o mellor :)
Tamén, e para que non se nos escape ninguén, queremos despedir (con moita ledicia posto que non marchou tan lonxe), a Luisa Fernández, que deixanos para mudarse o noso veciño CIFP A Xunqueira co ciclo de Infantil. A ela tamén desexámoslle todo o mellor!
Neste curso pensamos en introducir múltiples novidades e por fin poremos en funcionamento os distintos apartados do blog, polo que poderedes enterarvos das últimas novas según a rama na que estedes ou o campo que vos interese!
Tamén habera máis noticias, máis fotos, máis festas, máis entrevistas e máis de todo para tervos sempre informados e que non falte de nada!
O ano pasado foi o primeiro que dedicamos a este pequeno proxecto, e como en tódalas primeiras veces, cometemos erros e a organización non foi do mellorciño do mundo. Pero este ano prometemos superarnos, tanto por vós, para que teñades toda a información ó voso alcance, como por nós, porque fainos moita ilusión ver crecer este proxecto e saber que cada vez sodes máis os que nos seguides!

Así que... despois de esta pequena introducción soamente me queda contar a boa que vos dixen o principio (que nervios, que nervios!!)
Non o imaxinades??? Nadiña de nada??? Siiii, temos moitos e novos corresponsais para o noso blog!!
En bacharelato contamos con 5 novas persoas que vos escribirán, cada ún deles dende a súa correspondente sección según na modalidade na que estén, contándovos todas novidades relacionadas cos mesmos.
Os elixidos son:
Para Bacharelato Científico: Alba Fiona Irago Iglesias (1ºA), Andrés Pazos Pérez (1ºB) e Lui García Clavería (1ºB)
Para Bacharelarto de Humanidades: Ainhoa Ragg Lucero (1ºC)
E para Bacharelato Artístico: Gabriel González Costa (1ºD) e Wiktoria Fiedorowicz (1ºE)
Tamén teremos corresponsais desperdigados pólas aulas de 4º da ESO vixiando tódolos movementos para máis tarde informarnos de excursións, exposicións na clase, saídas culturais, etc. Así que todo o mundo atento que en calquer momento pode ser inmortalizado para saír no noso blog!

Só me queda dar a benvida o alumnado, tanto o que entra novo este ano, como o que segue connosco un ano máis e desexarlles a todo o mundo un bó curso! ;)

Zoila Iglesias Villarino 2º Bach D

martes, 21 de junio de 2011

Premiadas e premiados 2010-2011!

2º Premio Cartel Dogrodependencias: Tamara Pereira, Tamara Tilve e Nerea Bermúdez
Certame Microrrelatos IES A Xunqueira 1: Julia Santalices Rodríguez
2º Premio Matmonólogos IES Monelos: Alexandre Blanco González
XXX Maratón IES A Xunqueira: Samantha Mulloni Martínez, Hugo Loureiro Cerqueira, Miguel Rodríguez Tilve e Paulo Saeta Molina
Certame Musical Ven Veñas Maio 2011: Rubén López Iglesias, Franciso Sieiro Carrete
Premio Banda Deseñada Ven Veñas Maio 2011: Dana Silvia Rodríguez Justo

Enhoraboa a tod@s!

TEMOS RATÓNS NA XUNQUEIRA!

A Ratonera foi escrita por Agatha Christie en 1952. Estrenouse o 6 de outubro de 1952 en Londres con gran éxito. Está dividida en dous actos, o primeiro dividido en dous escenas. Toda a historia transcorre na sala principal da casa de hospedaje de Monkswell Mano onde os personaxes intentan descubrir o asasino que se esconde entre eles.
A semana pasada coláronse no instituto un simpático grupo de ratóns para representarnos unha agradable versión da famosa obra "La Ratonera". Durante a súa interpretación houbo risas, bailes, suspense e sobre todo moita dedicación e esforzo! Na obra participaron o alumnado dunha das clases de 4º da ESO e a súa profesora de Lingua Castelá, Belén Herrero
Agradecémoslles a súa actuación para amenizar a nosa semana de clases e o esforzo que fixeron para representala (casi 3 horas de representación teatral!)
Moitisímas gracias polo voso tempo, dedicación e polas risas que nos dechedes :)

jueves, 26 de mayo de 2011

Despedida ó curso de 2º de Bacharelato

O salón de actos está a rebosar e as rapazas e rapaces parecen saídos de portadas de revistas de moda. A maior atención recae sobre elas, quenes máis xeitosas ou peculiares, van de alfombra vermella como ós Óscares. Respírase nerviosismo, ilusión e ledicia, porque debemos ter en conta, que aquí sepáranse os seus camiños deixando atrás dous anos de Bacharelato no que hai moitos recordos, experiencias e aventuras que deixarán atrás para dar comezo a unha nova etapa.
Abre esta fermosa celebración o coro, dirixido por Luisa Sánchez, que é o encargado de amenizar a velada. Acompañándoo o piano e a batería cantan cancións tan fermosas como "Can't help falling in love", "Ipharadisi", "Halleluia" e "I'll be there", as cales son cubertas de aplausos por todo o mundo. O final da despedida escoitamos valoracións moi positivas por parte do profesorado e comentarios tipo "Eu non os vira e tiña ganas, e a verdade é que quedei maravillado".
Logo deste grupo de artistas tocoulle o turno a nosa simpática directora Lola, a cal dedicou unhas palabras cheas de tenrura e apoio as rapazas e rapaces. Despois dela déronlle a quenda a Carmina, a profesora de lingua inglesa e tutora dun dos segundos. Co seu discurso fixo un repaso destes últimos anos poñendose na piel do seu alumnado e imaxinándose o que, anos atrás, tería gustado que lle dixesen na súa graduación. Así pois animounos a desperta-la súa ilusión polo coñecemento e a vibrar de emoción ante cousas diferentes. Terminou o mesmo cunhas liñas do famoso poema If de Rudyard Kipling:
"Si puedes hablar con multitudes y conservar tu virtud,
o alternar con reyes y no perder tus comunes rasgos;
Si nadie, ni enemigos, ni amantes amigos,
pueden causarte daño;
Si todos los hombres pueden contar contigo,
pero ninguno demasiado;
Si eres capaz de llenar el inexorable minuto,
con el valor de los sesenta segundos de la distancia final;

Tuya será la tierra y cuanto ella contenga
Y -lo que vale más- serás un hombre! hijo mío!
"

A estas fermosísimas palabras seguíronlles os alumnos Damián Portela e María del Mar Duarte dedicándolle  recordos, halagos e demáis os seus compañeiros e os seus profesores. Durante a súa intervención as risas estiveron acompañándoos en todo momento e fixéronnos pasar un rato do máis agradable.
Para rematar o turno das charlas falou o Inspector do noso instituto Jose María Alén. O seu discurso estivo cheo de valores e palabras que recordar para o futuro próximo que lles agarda.
O remate da quenda de palabras, tocoulle o turno as matrículas de honor. Recibirónnas 3 alumnas: Rebeca Piñeiro, Fátima Pérez e Paula García. Tamén houbo unha mención especial pola súa labor artística no instituto a Sheila Broullón.
Despois de todo isto fíxose entrega das Orlas e Diplomas onde alumnas e alumnos forón desfilando a recollelas da man dos súas titoras e titores, aínda que nos faltaron algúns como Lois Atanes. Durante a entrega os nervios afloraban nas rapazas, que ataviadas cos seus tacóns, subían e baixaban facendo números para non caer. Os rapaces tampouco se quedaban cortos engaiolados por algunha das rapazas e dos seus modelos (según poidemos escoitar durante o acto). En todo momento puidemos escoitar piropos dirixidos tanto a compañeiras e compañeiros como ó profesorado. En conclusión un acto moi emotivo, divertido e bonito.
O remate forón todos cear o Pazo da Cultura, onde hai diversas opinións ante a comida (dende que a tortilla estaba malísima ata que todo foi espectacular), e logo forón o Lego un local que alquilaron para facer a barra libre. A festa continuouse toda a noite e a primeira hora da mañá apareceron todos no instituto como é costume. Algúns marcharon durmir para rematar a festa e outros quedáronse a rematala na cafetería, onde o noso simpático camareiro reprochoulles o non habelo invitado.
Alex! Prometemosche que para o ano estás invitado!

Saúdiños!

Actuación do Coro dirixídos por Luísa Sánchez

O Salón de Actos a rebosar

Discurso de Carmina

Discurso dos alumnos Damián e María del Mar

Entrega das Matrículas de Honor

Entrega das Matrículas de Honor

Entrega das Matrículas de Honor

Mención Especial a Sheila Broullón pola súa labor artística

Entrega das Orlas e Diplomas

Entrega das Orlas e Diplomas

Entrega de Orlas e Diplomas

Simpáticas mostras de afecto por parte do profesorado

As rapazas de Bacharelato sempre guapísimas


O grupo de Artes e a súa orixinalidade


martes, 10 de mayo de 2011

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS 2011

Neste curso tivemos, coma tódolos anos, unha gran variedade de actividades, saídas culturais e excursións que desfrutamos xunto ó noso profesorado!
Aquí deixámosvos unha mostra dalgúns delas :)
Visita á exposición "O bosque" no mes de febreiro


Participación dun grupo de bacharelato no Parlamento Xove

Salón do Libro - Maquetas do noso alumnado de 1º Bach Arte


Participación na Olimpiada de Bioloxía

Observación Astronómica en Cotobade co alumnado de Física de 2º de Bacharelato
 
Roteiro do Salgueiral co alumnado de 1º ESO C
 
Charlas sobre Educación Vial
 
Premiadas e premiados na Maratón A Xunqueira

Esperamos que vos gustara e as desfrutarades!
Saúdos do equipo redactor!

lunes, 14 de febrero de 2011

8 de Marzo: Día da Muller Traballadora

O día da Muller Traballadora celébrase dende o ano 1908 cando, nunha gran fábrica textil, morreron nun incendio 129 mulleres, debido as pésimas condicións de traballo. Aínda que non hai datos exactos creese que foi o 8 de Marzo. Dende aquel acontecemento, estableceuse como símbolo a cor violeta, dado que as mulleres cosían texidos desa cor.
Para celebrar ese día, durante a semana do día 8 celebraranse varias actividades entres as que están os "obradoiros de correspondencia" de leva o profesor Manuel Rozados, ó que entrevistamos esta semana:

- Es un home que defende moitísimo todo o relacionado coa igualdade de xéneros, a que se debe?
  - Estou o cargo do grupo de Igualdade do centro, esa é un pouco a razón...
- En que consisten estes talleres de correspondencia do Día da Muller traballadora? A quenes se lles impartirán?
  - Os talleres consisten un pouco en ensinar os rapaces que non hai un rol xa imposto. Pasar o ferro non é unha tarefa só de mulleres e facer un buraco na perede de homes. Son só para 1º ESO.
- Que actividades se impartirán? Durante que xornadas?
  - As nenas ensinaráselles a arranxar un enchufe, furar unha parede, desatascar un sumidoiro e os rapaces a cambiar cueiros, dar biberóns, pasar o ferro... E impártense durante as horas de plástica (que a imparto eu), atención educativa ou titoría.
- Que se pretende transmitir con esta iniciativa?
  - Que nas tarefas domésticas debe primar o reparto de tarefas e non un rol concreto para homes e mulleres.
- No Bacharelato e cando comezamos a ter máis relacións afectivas, e podese ver incrementada esa desigualdade, porque non os obradoiros para Bacharelatos?
  - Sacarlle as horas a un curso de Bacharelato crearía rechazo (suponse que as necesitades máis) e perder horas en 1º da ESO non é tan importante. Se cadra eles poden cambiar se xa tiñan un rol establecido. Para min é máis importante.
- Se unha muller traballa e un home queda na casa e coida os fillos, que opinas?
  - Trátase de sacar a familia adiante e da igual quen traballe forá. No caso de que traballen os dous vese máis a igualdade porque hai colaboración entre ámbolos dous.
- Por último, algún consello para tódalas rapazas e rapaces que siguen o blog?
  - (Dicíndollo a toda a clase en alto) Así que cando busquedes moza ou mozo asegurádevos de que sepan facer de todo!!


O prazo de entrega queda aberto ata o día 28 de febreiro

Para máis información podedes entrar tamén na páxina web do Instituto, no apartado de Igualdade.


Saudiños :)


P.D. Nova actualización da entrada coas fotos que nos chegaron dos Obradoiros de Corresponsabilidade
Rapazas e rapaces arreglando un portalámpadas

Desatascando un sumidoiro

Aprendendo a dobrar a roupa

Cambiándolle os cueiros a un bebé

Aprendendo a pasar o ferro