martes, 18 de octubre de 2011

O derradeiro curso?

Unha vez máis benvidas e benvidos o blog do instituto. Seino, seino... pero mellor tarde que nunca. Imaxínome que moita xente estará desexando saber o por qué desta demora da primeria publicación de este novo curso... pero hoxe apetéceme ser mala e vouvos facer agardar un anaquiño máis!
Comeza un ano cheo de "boas" novidades para todos (aínda non sabemos se este será o derradeiro curso que pasaremos aquí por iso da gran final do mundo no 2012), pero se todo segue como ata agora entón o ano comeza con boísimas novidades. Primeirisimo de todo damos a benvida a nova vicedirectora e encargada da supervisión do blog, a profesora de Lingua Castelá e teatro, Belén Herrero, que amenizará esta nova etapa con moi agradables sorpresas e actividades. Desexámoslle todo o mellor :)
Tamén, e para que non se nos escape ninguén, queremos despedir (con moita ledicia posto que non marchou tan lonxe), a Luisa Fernández, que deixanos para mudarse o noso veciño CIFP A Xunqueira co ciclo de Infantil. A ela tamén desexámoslle todo o mellor!
Neste curso pensamos en introducir múltiples novidades e por fin poremos en funcionamento os distintos apartados do blog, polo que poderedes enterarvos das últimas novas según a rama na que estedes ou o campo que vos interese!
Tamén habera máis noticias, máis fotos, máis festas, máis entrevistas e máis de todo para tervos sempre informados e que non falte de nada!
O ano pasado foi o primeiro que dedicamos a este pequeno proxecto, e como en tódalas primeiras veces, cometemos erros e a organización non foi do mellorciño do mundo. Pero este ano prometemos superarnos, tanto por vós, para que teñades toda a información ó voso alcance, como por nós, porque fainos moita ilusión ver crecer este proxecto e saber que cada vez sodes máis os que nos seguides!

Así que... despois de esta pequena introducción soamente me queda contar a boa que vos dixen o principio (que nervios, que nervios!!)
Non o imaxinades??? Nadiña de nada??? Siiii, temos moitos e novos corresponsais para o noso blog!!
En bacharelato contamos con 5 novas persoas que vos escribirán, cada ún deles dende a súa correspondente sección según na modalidade na que estén, contándovos todas novidades relacionadas cos mesmos.
Os elixidos son:
Para Bacharelato Científico: Alba Fiona Irago Iglesias (1ºA), Andrés Pazos Pérez (1ºB) e Lui García Clavería (1ºB)
Para Bacharelarto de Humanidades: Ainhoa Ragg Lucero (1ºC)
E para Bacharelato Artístico: Gabriel González Costa (1ºD) e Wiktoria Fiedorowicz (1ºE)
Tamén teremos corresponsais desperdigados pólas aulas de 4º da ESO vixiando tódolos movementos para máis tarde informarnos de excursións, exposicións na clase, saídas culturais, etc. Así que todo o mundo atento que en calquer momento pode ser inmortalizado para saír no noso blog!

Só me queda dar a benvida o alumnado, tanto o que entra novo este ano, como o que segue connosco un ano máis e desexarlles a todo o mundo un bó curso! ;)

Zoila Iglesias Villarino 2º Bach D