O salón de actos está a rebosar e as rapazas e rapaces parecen saídos de portadas de revistas de moda. A maior atención recae sobre elas, quenes máis xeitosas ou peculiares, van de alfombra vermella como ós Óscares. Respírase nerviosismo, ilusión e ledicia, porque debemos ter en conta, que aquí sepáranse os seus camiños deixando atrás dous anos de Bacharelato no que hai moitos recordos, experiencias e aventuras que deixarán atrás para dar comezo a unha nova etapa.
Abre esta fermosa celebración o coro, dirixido por Luisa Sánchez, que é o encargado de amenizar a velada. Acompañándoo o piano e a batería cantan cancións tan fermosas como "Can't help falling in love", "Ipharadisi", "Halleluia" e "I'll be there", as cales son cubertas de aplausos por todo o mundo. O final da despedida escoitamos valoracións moi positivas por parte do profesorado e comentarios tipo "Eu non os vira e tiña ganas, e a verdade é que quedei maravillado".
Logo deste grupo de artistas tocoulle o turno a nosa simpática directora Lola, a cal dedicou unhas palabras cheas de tenrura e apoio as rapazas e rapaces. Despois dela déronlle a quenda a Carmina, a profesora de lingua inglesa e tutora dun dos segundos. Co seu discurso fixo un repaso destes últimos anos poñendose na piel do seu alumnado e imaxinándose o que, anos atrás, tería gustado que lle dixesen na súa graduación. Así pois animounos a desperta-la súa ilusión polo coñecemento e a vibrar de emoción ante cousas diferentes. Terminou o mesmo cunhas liñas do famoso poema If de Rudyard Kipling:
"Si puedes hablar con multitudes y conservar tu virtud,
o alternar con reyes y no perder tus comunes rasgos;
Si nadie, ni enemigos, ni amantes amigos,
pueden causarte daño;
Si todos los hombres pueden contar contigo,
pero ninguno demasiado;
Si eres capaz de llenar el inexorable minuto,
con el valor de los sesenta segundos de la distancia final;
Tuya será la tierra y cuanto ella contenga
Y -lo que vale más- serás un hombre! hijo mío!"
A estas fermosísimas palabras seguíronlles os alumnos Damián Portela e María del Mar Duarte dedicándolle recordos, halagos e demáis os seus compañeiros e os seus profesores. Durante a súa intervención as risas estiveron acompañándoos en todo momento e fixéronnos pasar un rato do máis agradable.
Para rematar o turno das charlas falou o Inspector do noso instituto Jose María Alén. O seu discurso estivo cheo de valores e palabras que recordar para o futuro próximo que lles agarda.
O remate da quenda de palabras, tocoulle o turno as matrículas de honor. Recibirónnas 3 alumnas: Rebeca Piñeiro, Fátima Pérez e Paula García. Tamén houbo unha mención especial pola súa labor artística no instituto a Sheila Broullón.
Despois de todo isto fíxose entrega das Orlas e Diplomas onde alumnas e alumnos forón desfilando a recollelas da man dos súas titoras e titores, aínda que nos faltaron algúns como Lois Atanes. Durante a entrega os nervios afloraban nas rapazas, que ataviadas cos seus tacóns, subían e baixaban facendo números para non caer. Os rapaces tampouco se quedaban cortos engaiolados por algunha das rapazas e dos seus modelos (según poidemos escoitar durante o acto). En todo momento puidemos escoitar piropos dirixidos tanto a compañeiras e compañeiros como ó profesorado. En conclusión un acto moi emotivo, divertido e bonito.