viernes, 29 de octubre de 2010

Dia H: HALLOWEEN GALEGO!

        Por fin o sinalado día e tódolas rapazas e rapaces disfrázanse para pasalo ben cos seus compañeiros na clase. Como vos prometeramos vamos estamos colgando as fotos minuto a minuto segundo as vamos sacando. Aquí vos dexaimos unhas cantas das primeiras imaxes que nos deixaron compañeiras e compañeiros nas primeiras horas de clase!
Esperamos que nos enviedes as vosas fotos canto antes para poder colgalas!
Un saúdo das redactoras e redactores :)

jueves, 28 de octubre de 2010

Halloween en Galego!


                E chegou o sinalado día, 31 de outubro, e con el chegou a festividade de orixes celtas chamada Samhain, máis coñecida quizais polas persoas como Halloween.
                Supoño que dende que somos pequenos e pequenas contáronnos que o célebre Halloween vén en realidade dun antigo costume que ten as súas orixes no pobo celta, na que a palabra Samhain” quere dicir fin do verán. A lenda contaba que os campesiños poñían, durante toda noite do 31, cabazas polos camiños as súas casas para atraer os espíritos e guialos.
               Aínda que os redactores do blog, cremos que o que máis vos vai chamar a atención e o que máis vos gusta, é que durante este día, dende os pequerrechos de infantil ata os maiores máis festeiros, podédesvos disfrazar, ler contos de medo ou calquera actividade fóra do normal no horario escolar.
               Con esto, invitámosvos a que veñades disfrazados como queirades (sempre que sexa coa cara descuberta), soamente por facer as clases máis levadeiras, posto que seguiremos a traballar coma tódolos días!
Esperamos que volo pasedes ben neste día e que nos enviedes as vosas fotos para colgar á nosa dirección: osxuncos1@hotmail.com
Truco ou trato!! As redactoras e redactores :)

martes, 26 de octubre de 2010

Benvidos!

Boas a todas e a todos! Querémosvos presentar o novo blog "Os Xuncos", o voso blog da revista do instituto. 
Esta é unha proposta feita polo alumnado para facer a revista máis amena, divertida e, sobre todo, que sexa unha publicación diaria! Dende este blog podédevos enterar das noticias do centro, dos concursos, certames e demais actividades que realizaranse durante todo o curso! 
Agardamos ter moitos seguidores e seguidoras e, claro está, que nos presentedes vosas propostas, vosos textos e demais cousas que queredes que sexan publicadas! 
Agardámosvos!
Un saúdo das redactoras e redactores :)